A Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo avalou con 51 votos a favor, 11 en contra e duas abstenciones o informe presentado polo deputado italiano Marco Affronte, e que exclue o xeito das artes de deriva consideradas prexudiciais.
A opinión da comisión non e vinculante pero será tida en conta pola comisión de Pesca, que votará o 30 de marzo e a cuxa posición será elevada ó pleno do Parlamento Europeo, en abril.
O BNG valora positivamente que o sector xeiteiro pasase esta primeira proba en Bruxelas, destacando que foi crucial a visita realizada en decembro a Bruxelas dunha delegación de traballadores do xeito acompañada polo BNG.
Dende o BNG destacan tamen que a raíz do problema veu dada pola imposición de cuotas á esta arte, cando en setembro do 2014 se publicou a orde doplan de recuperación da sardiña autorizando únicamente ó cerco para a pesca desta especie.
Unhas mil familias viven da pesca do xeito en Galicia.
http://youtu.be/EgMtmScK5D0