O concello da Pobra apura os traballos de adecentamento en varias zonas do rural para evitar o seu deterioro coas chuvias.

O concello da Pobra apura os traballos de adecentamento en varias zonas do rural, esta mañá varios operarios traballaban arreo na zona de Riomorto arranxando un camiño co fin de que a crecida dos ríos nesta época non leve consigo a terra. Ós veciños da zona están satisfeitos coa realización dos traballos que evitarán os encharcamentos durante o inverno.
Na zona de Freáns realizouse tamén a adecuación do camiño de acceso a varias vivendas xa que se demoraba o mantemento do mesmo por parte da Xunta.
Tamen se traballa en San Isidro, onde logo de realizar varias melloras nun camiño se está a dotar de varios puntos de luz o acceso a Igrexa, dende o concello da Pobra agradecen a colaboración dos veciños que permitiron a mellora da seguridade viaria e a reducción de varias curvas.
O concello da Pobra está a realizar ditas actuacóns pola vía de urxencia dada a premura das mesmas, a realización de todas estas melloras ronda os 18.000 euros, que serán aboados pola Xunta de Galicia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.