Deputación Da Coruña

A Deputación Inviste 700.000 Euros En Obras Que “Cambiarán A Faciana” De Porto Do Son

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou esta mañá o Concello de Porto do Son en compañía do seu alcalde, Luis Oujo, para coñecer o estado das obras levadas a cabo pola institución provincial no municipio e que supoñen un investimento de preto de 700.000 euros. O titular provincial puido comprobar o resultado da reforma do entorno entre a rúa A Roda e O Porto, que ofrece un novo espazo máis agradable aos residentes na zona. Con esta actuación renovouse o pavimento tanto de beirarrúas como da calzada, onde se crearon pasos de peóns elevados, instalouse novo mobiliario urbano e plantáronse árbores para humanizar a zona. Tamén se substituíron as tubaxes, arquetas e outros sistemas subterráneos, ademais de engadir os servizos de telecomunicación e eliminar o cableado aéreo.

O custo desta actuación ascendeu a 374.945,71 euros dos que a Deputación aportou 299.956,57, o 80%. Con esta reforma resolveuse o conflito circulatorio que existía no inicio desta rúa, nas inmediacións ao porto, e facilitouse deste xeito o acceso a edificios como a Casa do Concello, á capela do Carme ou a Casa da Cultura, entre outros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.