Deputación Da Coruña

A Deputación Activa A Construción Dunha Senda Peonil De 305 Metros Que Afianzará A Seguridade Viaria Entre Vixán E A Graña

A Deputación da Coruña anuncia no Boletín Provincial de hoxe a contratación mediante procedemento aberto e cun único criterio de valoración das obras para construír unha senda peonil entre os lugares de Vixán e A Graña, na estrada D.P. 7306, o que servirá para afianzar a seguridade viaria na zona afectada.
Esta actuación, que está incluída no Plan de Sendas Peonís da entidade que preside Diego Calvo, comporta un investimento de 97.926,35 euros e conta cun prazo de execución de 3 meses.
O período de presentación de ofertas é de 26 días naturais contados a partir de mañá. As propostas deberán ser achegadas ao Servizo de Contratación da Deputación, situado na rúa Alférez Provisional, s/n, 5º andar, na cidade da Coruña.
O proxecto foi redactado polos servizos técnicos do Concello de Riveira.

http://youtu.be/rMrAD24pNVQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.