O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Plan de banda larga rematou en catro anos coa fenda dixital entre a fachada atlántica e o interior de Galicia, e avanzou o compromiso de incrementar a velocidade con 30 megas para toda a Comunidade e 200 para as cidades. Así mesmo, resaltou que existe un compromiso de investimento dos operadores móbiles en núcleos de menos de 5.000 habitantes, derivado do proceso de reparto do dividendo dixital. O titular da Xunta, que presidiu este mediodía o acto de presentación do Plan de banda larga: presente e futuro, salientou que este plan logrou que o acceso a internet sexa universal na Comunidade.
A nivel municipal, o titular do Goberno galego subliñou que, mentres en 2010 só dous concellos de toda a Comunidade podían garantir que a súa cobertura de internet acadase ao 90% da poboación, hoxe son 309; “é dicir, multiplicamos por 154 e os cinco concellos restantes teñen unha cobertura entre o 70% e o 90%”.
Diante destas cifras, Feijóo salientou que hoxe os fogares galegos poden dispoñer dunha conexión a internet digna.
Feijóo salienta que o Plan de Banda Larga rematou coa fenda dixital entre a fachada atlántica e o interior, e avanza o compromiso de incrementar a velocidade en 30 megas para toda Galicia e 200 para as cidades
Please login to join discussion