O BNG de Boiro critica a falta de aparcamentos no centro urbán e a xestión do equipo de goberno neste e outros asuntos de interés para a cidadanía

O BNG de Boiro critica a falta de aparcamentos no centro urbán e a xestión do equipo de goberno neste e outros asuntos de interés para a cidadanía. Un dos asuntos de maior interés para os nacionalistas é a xestión que se fai no parking de A Boqueira de A Negral, un aparcadoiro que segundo explican dende o BNG quedara preparado para entrar en servizo fai 4 anos, e coa entrada do PP no goberno de Boiro quedou paralizado. Mentres o comercio resíntese por falta de zonas de aparcamento para os clientes.
Para Xosé Deira os Servizos non deben ser un negocio, afirma non comprender a xestion que realiza o actual rexedor, deixando paralizadas instalacións que estaban preparadas para entrar en servizo como o viveiro de empresas e a escola de hostelería, e outras froito de grandes inversión como o pazo de Goiáns.
Dende as filas nacionalista esta´ran atentos ós pasos que se den dende o goberno municipal.

http://youtu.be/akVrmm8qAsE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.