O PSOE de Boiro considera un despropósito que o parking de A Boqueira de A Negral se converta nun espazo para a brigada de xardineria.

O PSOE de Boiro considera un despropósito que o parking de A Boqueira de A Negral se converta nun almacén de obras. Segundo explicou o candidato a alcaldía polo Psoe de Boiro Manuel Maneiro, o executivo local capitaneado por Juan José Dieste pretende trasladar maquinaria, ferramenta e outros enseres a este espazo. Para os socialistas dito cambio é un despropósito que debe rectificarse, así propoñen ó rexedor que se abra ó publico o parking de maneira gratuita para aliviar o problema de aparcamento que hai en Boiro.
Maneiro apunta que o actual rexedor de Boiro basa as súas xestións na improvisación.
Manuel Maneiro lémbralle ó alcalde que dispoñen de seis naves industriais de titularidade municipal en Espiñeira onde se preveía o traslado de brigada de obras e xardineria..

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.