O alcalde de Boiro considera innecesario o parking de A Boqueira de A Negral e prevé a apertura dun vial próximo no que se van habilitar 90 prazas de aparcamento. Así o expresaba onte durante a visita de Belen do Campo a Boiro. Unhas declaracións que aclaran os motivos polos que non se vai abrir o parking ó público.
Así o executivo local prevé a apertura do vial próximo dando resposta ás necesidades de aparcamento dos cidadáns.
Dieste tamén aclarou a situación do viveiro de empresas e escola de hostelería, así como o pazo Goiáns, destacando que a cantidade de inversións que precisan non se pode realizar coa actual situación económica, tendo que dar prioridade ás necesidades dos veciños.
Entre as prioridades do actual goberno Boirense destaca a intención de modernizar os Servizos básicos.
http://youtu.be/FbVVAyMLgWQ