O pasado venres a Pobra homexeou a Carmen Santiago, quen presidiu durante 35 anos a Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC) na Pobra. O seu incansable labor nesta causa fíxoa merecedora dun sinxelo pero sentido recoñecemento por parte dos seus veciños, do Concello e da propia asociación coa que colaborou durante media vida.
Precisamente, a presidenta da agrupación provincial da AECC, Elena Viturro, acudiu á vila pobrense para sumarse á homenaxe. Na súa breve intervención destacou as miles de actividades que levou a cabo Carmen Santiago en favor da asociación, e agradeceu o seu traballo e o de toda a directiva que colaborou con ela nos últimos.
O equipo que loitou de xeito conxunto con Santiago tamén se despediu onte, de maneira que, ademais de ser unha homenaxe, o acto serviu para escenificar a substitución á fronte da asociación pobrense.
Para pechar o acto tomou a palabra o alcalde, Isaac Maceiras, que non se quedou atrás nos seus eloxios a Carmen Gallego e, en xeral, ao traballo que desempeña a entidade contra o cancro.
http://youtu.be/1sneIlw4t78