O Bng Da Pobra Presentou Unha Moción Para A Mellora Da Seguridade Viaria

O BNG da Pobra levará ó próximo pleno unha moción solicitando medidas para incrementar a seguridade viaria no municipio. Esixen a dotación de beirarrúas ó longo da estrada AC-305 ó seu paso polo concello así como a mellora do funcionamento dos semáforos no cruce da alameda onde esta semana se rexistrou un atropelo.

Un dos puntos máis conflitivos, din os nacionalistas, son os semáforos que regulan a circulación no curce ó carón dos xardíns Valle-Inclán e a praza Alcalde Segundo Durán. Denuncian que os peóns non poden cruzar con seguridade posto que os semáforos permanecen en ámbar permitindo a circulación rodada. Na moción demandan tamén a mellora da accesibilidade peonil ó longo da estrada AC-305 ó seu paso polo termo municipal xa que carece de beirarrúas en varios puntos de moito tránsito como a Ribeiriña ou mesmo en zonas rurais.

En canto ós aparcamentos, os nacionalistas botan en falla unha praza para minusválidos na praza da constitución, nas inmediacións do concello . Ademais de presentar unha moción, o BNG incluirá unha serie de propostas para a mellora integral da seguridade viaria no seu programa electoral.Esta proposta incluirá tamén a eliminación de barreiras arquitectónicas ó longo de todo o concello.

http://youtu.be/n9D9gv6XxQQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.