O Concello de Porto do Son avanza en materia enerxética

O Concello de Porto do Son ven de rematar as obras de instalación dunha caldeira de biomasa na Casa de Cultura de Portosín. Entre as vantaxes do sistema de calefacción de pellets cabe destacar o reducido impacto ambiental, o seu alto rendemento e sobre todo o baixo custe enerxético. O aforro económico estímase en 5.000 € ó ano en comparación co uso de gasóleo como combustible e o impacto ambiental da medida cífrase na redución de emisións de CO2 en 19 toneladas.

Segundo explicou o alcalde, Luís Oujo, trátase dunha instalación moi demandada polos veciños que sufrían as baixas temperaturas do inverno na casa de cultura ó non estar dotada cun sistema de calefacción.
A inversión realizada ascendeu a 39.694,10 € e realizouse grazas á subvención recibida por parte do Inega e Agader, subvención que ascende a 26.706,84 €.

A intención do goberno local sonense é continuar accedendo a subvencións en materia enerxética e dotar deste sistema de calefacción as casas de cultura de Porto do Son e Xuño.

http://youtu.be/6-7hm7o-HFQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.