A Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Santiago ven de informar da detención da presunta autora de catro incendios forestais na parroquia de Artes, no concello coruñés de Ribeira.
Os lumes tiveron lugar entre os meses de xuño e outubro do ano pasado, afectando a unha superficie de 10.000 metros cadrados, e dos que a imputada recoñeceu a súa participación. Segundo as investigacións dos axentes da Policia Autonómica, a imputada pode ser a autora de doce lumes ocorridos no lugar do Vilar, en Carreira, no mesmo concello de Ribeira, entre os anos 2010 e 2014, cando a imputada residía nesa parroquia. E de sinalar que varias testemuñas e declaracións sitúan á imputada na proximidade dos lumes.
A imputada foi detida pola Policia Nacional o pasado mes de decembro por danos por incendios nas súas propiedade, que ela mesmo recoñeceu ser autora e a súa participación en danos causados en bens de familiares e veciños, así como nos lumes que agora lle imputa a Policia Autonómica.
Todos estes feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución en funcións de garda de Ribeira.
http://youtu.be/EuFo9MTo18I