Os Patróns Maiores Piden Á Consellería A Elaboración Dun Baremo No Que Se Inclúan Os Anos Cotizados Para Saber Que Mariñeiros Poderán Seguir A Traballar Despois Do Peche

Esta mañá os patróns maiores da ría asistiron a unha reunión para consultar cos técnicos do Instituto Social da Mariña as posibilidades que hai de que os armadores afectados polo desastre do libre marisqueo poidan cobrar o paro.
Co peche dos bancos de libre marisqueo os diferentes patróns maiores non saben que mariñeiros van poder seguir a traballar. Polo de agora non hai nada seguro, pero os patróns pretenden ponerse en contacto coa consellería esta mesma tarde para para que prepare unha listaxe cun baremo no que se recollan os principais requisitos, como son os anos cotizados, e así lla entreguen ao Instituto Social da Mariña.
Lembramos que na reunión mantida onte entre os diferentes patróns maiores e a conselleria do mar falouse da posibilidade de pechar os bancos. Mar dixo que hai «causas obxectivas técnicas de forma maior» para clausurar estas zonas.
No encontro sinalouse que o estado dos bancos non é óptimo e que, xa que logo, «os informes técnicos indican que habería posibilidades, por causas naturais e non previsibles de forza maior, de proceder ao peche dos Lombos do Ulla, que implicaría a clausura das demais zonas de libre marisqueo xa que se trata dunha xestión conxunta».

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.