Un pesqueiro de Porto do Son, o Elenita Dous, afundiuse nas proximidades do Castro de Baroña tras chocar contra unhas rocas. Os seus tres tripulantes foron rescatados ilesos por outra embarcación, segundo informa Salvamento Marítimo. Ás 5,15 horas pola canle VHF recibiuse unha mensaxe de socorro do pesqueiro Elenita Dous.
Os tres tripulantes foron rescatados «en boas condicións» polo pesqueiro A Chainza, que os trasladou ata Porto do Son, onde chegaron sobre as seis da mañá. Ao porto de Porto do Son o 061 desprazou unha ambulancia e un médico para atender aos tres tripulantes rescatados que recibiron asistencia no punto e non requiriron traslado a un centro sanitario.
No dispositivo de rescate participço o helicóptero Pesca 1, a embarcación Salvamar Regulus, Protección Civil de Porto do Son e a embarcación auxiliar do buque Irmáns García Nodal.
http://youtu.be/iHIT0SfCsNM