O portavoz de pesca, Daniel Rodas xunto á deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda mantiveron hoxe unha reunión cos membros da Asociación do cerco de Galiza (ACERGA), no Parlamento galego, para analizar a situación derivada da redución das cotas que condena “ao sector á súa desaparición”
Tras a xuntanza, Daniel Rodas anunciou o compromiso desta forza política de trasladar as peticións de ACERGA ás diferentes institucións co fin de acadar un novo modelo para esta actividade pesqueira afectada “gravemente” pola reducións de cotas para a xarda, sardiña e xurelo.
O deputado lembrou que a flota galega conta cunha regulación de capturas dende hai 30 anos e foi a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, a que trasladou a Madrid “a liberalización das capturas” o que, na súa opinión, representa “un suicidio para o sector”.
http://youtu.be/jDpbKWDnbyk