O Boiro chegou moi fácil aos dominios de José, que foi o mellor do partido na primeira parte. O debutante local, Suso, armou un disparo desde a frontal, no minuto 12, que se foi alto por moi pouco. Aos 17, Pillado tivo unha acción que detivo, cunha boa man, José. Os locais seguiron dominando. Márquez iniciou unha gran xogada deixando pasar un balón a Armental, que centrou e o propio Márquez rematou. José volveu demostrar a súa calidade cunha parada de gran mérito. Finalmente o marcador mostrou 4-1 a favor do Boiro.
No futbol de Noia, tras os dous goles do seu equipo, cos que se puxo por diante, o Dorneda arriscou e foise a por o empate. Os ocos en defensa foron aproveitados polos de Miguéns, que se valeron das contras para seguir pondo en perigo ao rival. No 80, outra vez Hugo, encabezou unha carreira que finalizou cun pase a Iván, que disparou e o porteiro desviou a córner con bastantes apuros. O marcador quedou 2-1.
O Ribeira tomou onte aire grazas aos tres puntos cultivados, con goleada incluída, no campo do O Val. O 3-0 final, segundo explicou un portavoz dos barbanceses, fai xustiza ao dominio dos celestes, que foron superiores desde o inicio. Para o recordo queda o gol olímpico que meteu Fran na recta final do partido.
http://youtu.be/C8sWNfblpSc