Esta mañá celebrouse un pleno extraordinario na sala de plenos do concello de Ribeira onde se tratou o tema da rectificación de erros apreciados no expediente de contratación “ contrato mixto de suministro e de Servizos para a prestación do servizo integral de iluminación pública exterior no concello de ribeira”. Unha sesión que tan só durou uns minutos, pois todos os integrantes dos diferentes partidos deron o seu voto a favor e pechouse con unanimidade.
Ningún dos integrantes da corporación local se decatou de que empresa Alfonso Clemente Servizos S.A, elexida para levar acabo as obras do servizo integral de iluminación pública, non cumplía os requisitos mínimos.
http://youtu.be/ub_qIhY9NNs