Rubén Márquez reivindicouse como o nove do Boiro con dous goles que deron a vitoria aos seus fronte ao gol do Ordes. O segundo tanto do punta de Cacheiras, xa no minuto 94, rompeu o empate que existía ata ese momento e deu tres importantes puntos aos barbanceses para afastarse dos postos de descenso. Hai que dicir que o equipo de Barraña mostrou unha actitude renovada tras o parón das festas do Nadal, e mostrouse moi incisivo ao intentar buscar a portería do conxunto adestrado por Nacho.
O Noia segue sendo o equipo revelación do campionato no seu regreso a Preferente. Os barbanceses sumaron onte un novo triunfo grazas ao seu potencial ofensivo, que segue sendo moi elevado e que xunto ao seu dominio da pelota fai que sexa unha plantilla difícil de bater. Gañaron 2-0 contra o Estudantil.
Un gol e tres puntos. O Ribeira sacou onte o máximo rendemento posible á xogada a balón parado para levarse a victoria no seu partido contra o Dubra na Fieiteira.
http://youtu.be/OIvH7WMIPsA