O PSOE de Boiro ataca unha vez máis á falta de saneamento que, según advirten, o goberno local está a descuidar.
Maneiro comentou esta mañá que o municipio conta cun total de 149 puntos de verquidos. Os veciños quéixanse aos integrante socialistas do cheirume en Coído e na zona do pozo negro que son lugares habituais de paseo.
Inciden en que a falta de saneamento está a perxudicar o mar da comarca e destacan que ademais do perigo medioambiental que esto supón, están en xogo os postos de traballo de case a metade da poboación empregada, pois según os datos de Augas de Galicia o 41.79% dos habitantes boirenses dependen directamente do mar.
http://youtu.be/esJePbS2ql8