Rosana Pérez Pide A Fomento Unha Investigación Das Causas Do Naufraxio Do “Paquito Nº 2” En Corrubedo

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa dirixida ao Ministerio de Fomento para saber se se abriu unha investigación destinada a determinar as causas do naufraxio do bateeiro “Paquito Nº 2” na zona de Corrubedo.
A deputada do BNG alude ao último accidente marítimo que se levou por diante outro barco pesqueiro o pasado 16 de decembro. Lembra a secuencia dos feitos desde que desapareceu o bateeiro, a aparición do cadáver do patrón, o dispositivo de busca dos outros dous mariñeiros desaparecidos e as estranas circunstancias do naufraxio.
“Sospéitase que foi un golpe de mar. Había mar de fondo e o barco ía cargado con mexilón o que podería ter influido en que a súa liña de flotación estivese máis baixa que cando se navega sen carga. Durante todos estes días se buscou aos dous desaparecidos por terra, mar e ar pero sen resultado”, sinala Rosana Pérez.
Rosana Pérez lamenta a situación porque o paso do tempo está a afectar a familiares e achegados dos dous mariñeiros. Sinala a deputada do BNG que o barco foi inspeccionado por submarinistas da Garda Civil e o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas pero infructuosamente. Precisamente onte “mesmo se fixeron novas inmersións e non atoparon nada”.

http://youtu.be/j3q44KLWDho

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.