O Consello da Xunta de Galicia aprobou o proxecto de acordo polo que se autoriza o gasto para a execución da obra de mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro, no concello de Boiro, co fin de renovar e optimizar o sistema de saneamento deste municipio.
O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financia a totalidade destas actuacións, cuxo investimento ascenderá a 1.093.612,75 euros.
http://youtu.be/VFClaVdpcT4