Muros

Confírmase Que Os Mariñeiros Do Pecio, Afundido Nas Proximidades De Corrubedo, Non Están Dentro Do Barco

Esta mañá un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (GEAS) baixou ao pecio para continuar coa procura dos tripulantes do Paquito Nº Dous e comprobar se os corpos están dentro do bateeiro. Trasladáronos unha embarcación de Salvamento Marítimo desde o porto de Corrubedo ata a zona do afundimento do barco. As primeiras parellas que baixaron tiveron problemas de visibilidade. A embarcación está a 40 metros.
Esta inmersión intenta esgotar as opcións de atopar os dous corpos que levan desaparecidos desde o martes 16 de decembro, cando a nave na que ían cara a Muros naufragaba nunha zonas non moi afastada do faro de Corrubedo, e atópase a uns 36 metros de profundidade. En terra, Garda Civil da comarca do Barbanza, Protección Civil de Ribeira e Boiro seguirán buscando na costa os corpos dos desaparecidos. A procura dos dous tripulante reiniciouse este luns despois de que o fin de semana non houbese éxito.
Tanto o sábado como odomingo , o rastreo centrouse na zona do afundimento, nas inmediacións do faro de Corrubedo e nas illas Ons.

http://youtu.be/6WRcPL3Lork

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.