A alcaldesa de Muros vén de falar das diferentes obras que se están a levar a cabo no concello ou que se van a poñer en marcha próximamente e que están financiadas pola Deputación da Coruña e pola Xunta cun importe que supera os 400 mil euros.
Nos vindeiros meses Muros contará cunha importante mellora no saneamento. Ata o de agora, tal e como afirmou Caridad, está prácticamente rematada a continuación do saneamento na Virxe do Camiño, unha obra moi demandada polos veciños e que evita os verquidos de residuos ao mar.
O saneamento será unha prioridade en Muros.