Case un milleiro de persoas acudiron á tradicional cea anual da conserveira Frinsa. Celebrábase, como é habitual, baixo carpa na zona do paseo marítimo de Coroso.
Un clásico na cea anual de Frinsa eran os sorteos. O ano pasado, por exemplo, repartíronse 60.000 euros en premios, repartidos en cen de 600 euros. Pero nesta ocasión as cousas cambiaron. Non houbo sorteos. O que fixo a compañía foi repartir beneficios entre a plantilla en forma de pagas extra.
A partir dos discursos, a noite desenvolveuse como o que realmente era: unha festa ao grande. Serviuse a cea e logo houbo baile. Algúns traballadores non abandonaron a carpa de Coroso ata case o amencer.
Ademais de Ramiro Carregal, acudiron á cita os demais directivos da compañía. Á cabeza deles, Jorge Carregal, fillo o presidente e actual director xeral da empresa.
http://youtu.be/_KgYvVZ4zaM