O Concello De Ribeira Salda O Compromiso Co Exalcalde E Inaugura O Polideportivo De Palmeira

O pasado sábado tivo lugar a inauguración do polideportivo de Palmeira, co que o Concello de Ribeira salda un compromiso adquirido hai anos por José Luis Torres Colomer.

Ao acto acudiron deputados nacionais e autonómicos, exalcaldes, representantes do mundo empresarial, como o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal, integrantes de diversas entidades e un nutrido grupo de veciños.

O recinto, que servirá como instalación deportiva e espazo cultural, denomínase Alcalde Torres Colomer, impulsor dunha obra que comezou a xestarse no 2007.

O exregidor e senador manifestou que consideraba a inauguración do pavillón como un recoñecemento ao seu labor como alcalde, pero tamén ao das distintas corporacións que lle acompañaron.

http://youtu.be/RQGhJesZIHY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.