A sorte volveu a sonreir a unha oficina de quinielas situada no centro urbano de Noia, concretamente na rúa Montero Ríos. Vendeu un décimo do cuarto premio, o 07617. Trátase dun despacho que non vende décimos, senón que os saca por máquina e a dona cre que só despachou un, polo que o agraciado se levará 20.000 euros. Xa en xaneiro vendeu un euromillón, no que o afortunado, que segue sendo descoñecido, gañou 65 millóns de euros. En agosto tamén deu outros dous premios, un segundo da lotería nacional, de 12.000 euros, e unha bonoloto de cinco números e complementario de 54.800 euros. María José Petisco mostrábase moi contenta por ter repartido sorte de novo.
http://youtu.be/Trtcm0OwDug




