A plataforma Stop Desafiuzamentos colabora cunha familia de Ribeira que atravesa por unha difícil situación económica e que solicitou á entidade financeira unha moratoria no préstamo hipotecario que ten concedido.
Os afectados indicaron que pediron un crédito no 2005 para comprar a súa vivenda habitual. Con todo, sinalan que desde hai algún tempo atravesan por unha situación de vulnerabilidade social e económica que lles dificulta poder facer fronte aos 379 euros mensuais do préstamo. No domicilio residen as cinco persoas que integran a unidade familiar, entre eles tres nenos de entre catro meses e trece anos.
Os únicos ingresos que perciben son os do pai dos pequenos, que percibe 800 euros mensuais. Ante esta situación, estes ribeirenses demandan á entidade bancaria que teña en conta a súa situación actual.
Stop Desafiuzamentos Axuda A Unha Familia A Pedir Unha Moratoria Da Súa Hipoteca
Please login to join discussion