Tras interminables horas de espera o corpo sen vida de José German Fernández, patrón do bateeiro Paquito Nº Dous, chegou ao porto de Ribeira arredor das seis da tarde.
Na súa segunda inmersión, os mergulladores localizaron antes das catro e media da tarde o bateeiro. E pouco antes das cinco Salvamento Marítimo anunciou o rescate do cadáver dun dos tres tripulantes do barco, achado a catro millas da illa de Sálvora, na desembocadura da ría de Arousa.
O corpo foi avistado polo helicóptero da Garda Civil flotando na auga. A Salvamar Regulus trasladou o corpo ao porto de Ribeira, onde agardaban varios familiares.
Foi o irmán do patrón o que recoñeciou o cadáver de German e deu a noticia ao resto da familia que se atopaban ao outro lado da vaya dun dos pantaláns.
Polo de agora non hai noticias sobre os outros dous mariñeiros. A pe do faro de Corrubedo fíxose crer esta tarde que eran dous os mariñeiros aparecidos, pero finalmente confirmouse o bulo.
Os mergulladores de Salvamento Marítimo nunha nova inmersión conseguiron acceder á ponte do Paquito Nº Dous, cuxas portas estaban abertas e confirmaron así que non hai cadáveres no seu interior.
Centos de persoas agardaban dende o amencer en Corrubedo á espera dalgunha noticia sobre os desaparecidos. Familiares, amigos e curiosos, estaban a vivir unha traxedia que parecía non rematar. Javier Redondo, compañeiro dun dos mariñeiros barallou as posibilidades dun accidente marítimo debido á confianza dos mariñeiros na ría. Tamén falou da incapacidade dos bateeiros modernos de afrontar un temporal.
http://youtu.be/hbb4d0vePz4