Os Concelleiros Torrado, León E Ríos Despediron Onte O Bng Boirense

Os edís do BNG, Dores Torrado, Xoán León e Xosé Ríos, abandonarán a formación frentista para integrarse no movemento cidadá Boiro Novo. Os concelleiros tomaron esta decisión ante a postura da dirección nacional de non concorrer ás eleccións municipais integrados noutras plataformas. Tras anunciar a súa adhesión á nova formación, poñen as súas actas de concelleiros a disposición do partido.

A marcha de Dores Torrado, Xosé Ríos e Xoán León do BNG é o último capítulo das escisións internas que o partido ten vivido nos últimos anos do máis convulsos para a histórica formación. Os tres concelleiros adoptaron esta decisión tras propoñer a integración do BNG de Boiro nunha plataforma cidadá en cernes, Boiro Novo.

A negativa da decisión nacional motivou a marcha dos tres edís que consideran un erro estratéxico o rexeitamento de participar en fórmulas máis abertas á cidadanía. Aínda que non foi determinante tamén a renuncia de Xosé Deira, o outro edil nacionalista da corporación, de non repetir como candidato si influíu na marcha dos seus compañeiros de equipo dende hai décadas. Con ganas de afrontar un proxecto novo no que ademais de cidadáns anónimos intégranse outras forzas da esquerda como A Nova, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida ou Podemos, os aínda concelleiros teñen claro a súa vontade de causar o menor prexuízo ó BNG. Por esta razón poñen a disposición da asemblea local as súas actas como concelleiros.

Á espera de coñecer a decisión da dirección do partido, os tres concelleiros seguen sendo militantes do Bloque aínda que traballan xa na constitución das comisións para elaborar o programa electoral da nova plataforma coa que concorrerán ós comicios no vindeiro mes de maio.

http://youtu.be/q9NkA–jZLw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.