O Bng Da Pobra Denuncia O Mal Funcionamento Da Biblioteca Municipal

O BNG da Pobra demanda a ampliación dos horarios da biblioteca municipal para dar un mellor servizo ós estudantes.
Os nacionalistas da Pobra denuncian o esquecemento en que o goberno local ten sumida á biblioteca municipal que na actualidade carece de servizos básicos como calefacción. demandan ademais a ampliación do horario de apertura xa que, din, o actual non se adapta ás necesidades dos estudantes, principais usuarios desta instalación. Por outra banda, solicitan ó concello a contratación de persoal para cubrir as vacacións do responsable da biblioteca xa que, ó non haber substituto, as instalacións permanecen pechadas. Así mesmo, propoñen a organización de actividades de animación á lectura e dinamización da biblioteca como se adoita facer no resto de concellos da comarca.

http://youtu.be/4Nl0Fds9_88

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.