A Xunta destaca as iniciativas para facilitar a creación de novas empresas e axilizar a súa tramitación coas administracións

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración do I Encontro entre empresas e concellos, onde destacou o traballo do Goberno galego para facilitar a creación de empresas, axilizar a súa tramitación coas administracións públicas e favorecer a súa concorrencia na contratación pública.
O encontro estivo organizado pola Deputación Provincial da Coruña e contou tamén coa participación do seu presidente, Diego Calvo; o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, José Manuel Rey Varela, e o alcalde da Coruña, Carlos Negreira.

Rueda puxo en valor o esforzo que a Xunta, da man das entidades locais, está a facer para facilitar a instalación de empresas nos concellos. Neste sentido, o ano pasado aprobouse a Lei do Emprendemento que eliminou de xeito xeral as licencias previas que existían no eido municipal, substituíndoas por comunicacións previas ou declaracións responsables. Ademais, o Goberno galego tamén puxo en marcha este ano o portal ‘Pasaxe’, co obxectivo de axilizar os trámites que as empresas teñen que facer coas administracións públicas. Outro avance importante foi a creación da sede electrónica da Xunta -https://sede.xunta.es-, que actualmente permite tramitar máis de 700 procedementos a través da Internet e un servizo 24 horas, 365 días ao ano. O Goberno autonómico quere agora trasladar este modelo ao eido local.
O último aspecto no que se está a poñer énfase é en facilitar a concorrencia das empresas galegas na contratación pública, un asunto no que volven ocupar un papel destacado as novas tecnoloxías, xa que a Xunta puxo en marcha a Plataforma de Contratación Pública de Galicia para ter en internet toda a información dispoñible para todos os potenciais licitadores.

Precisamente para incluír aos concellos, na Lei de Racionalización do Sector Público e no Plan de Mellora da Contratación Pública, incluíuse o obxectivo de colaborar coas entidades locais na extensión dos mecanismos electrónicos de contratación. Isto materializouse a través dun contrato adxudicado este verán e que ten un prazo de dous anos para implantar sistemas de licitación electrónica nas entidades locais e integralos coa Plataforma autonómica de Contratos.

http://youtu.be/9LnddbRnrx4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.