A Praza do Concello de Boiro acolleu o martes dia intenacional contra a violencia de xénero unha unha másterclass de Zumba en colaboración co departamento municipal de Deportes.
Este ano dende o CIM quixeron trasmitir unha visión optimista neste día no que debe prevalecer e celebrarse os éxitos acadados na loita contra a violencia de xénero. Baixo o lema MOVETE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, comezaron a moverse a través do baile que simboliza a forza e a enerxia coa que se debe continuar esta loita para a eliminación definitiva da violencia de xénero .