Ribeira

A brigada de obras constrúe un novo tramo de beirarrúas de 30 metros de longo xunto á praza da amarella en riveira

A brigada municipal de obras do Concello de Riveira iniciou esta mañá unha actuación destinada a construír un novo tramo de beirarrúas de 30 metros de lonxitude na zona de Amarella, na cidade de Santa Uxía, co fin de mellorar a seguridade e a accesibilidade viaria.

Concretamente, a zona de actuación está situada na rúa Arcebispo Xelmírez, a carón da pequena praza enclavada neste barrio, e a intención é conectar a beirarrúa xa existente coa que hai no cruce coa rúa Valle Inclán de tal xeito que os viandantes non teñan que camiñar en ningún momento pola calzada.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.