O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto de entrega de distincións de honra a máis de 100 axentes dos distintos corpos de Policía Local de Galicia, dos que forman parte uns 2.500 homes e mulleres en total.
Entre os policías condecorados hai tres axentes da Policía Local de Rianxo, Manuel Eugenio González Rodríguez, José Francisco Ordóñez Frieiro e Ramón Raúl Frieiro Romero, que recibiron o distintivo de permanencia con motivo de cumprir 25 anos de servizo, que lles foi outorgado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de Galicia nun acto celebrado na AGASP Academia Galega de Seguridade Pública.
https://www.youtube.com/watch?v=xDYCmL1QdxI