A doutora en psicoloxía da Universidade de Vigo experta en educación sexual María Lameiras impartirá o vindeiro martes 19 de decembro ás 19 horas no centro Lustres Rivas unha conferencia que leva por título “Unha educación sexual con perspectiva de xénero: a asignatura pendente no noso sistema educativo”.
Con esta acción, promovida pola Concellería de Servizos Sociais que dirixe Esther Patiño a través do Centro de Información á Muller, preténdese trazar unha aproximación ao que debe ser unha educación sexual inclusiva máis alá da dirixida á prevención, na que se teña en conta a perspectiva de xénero.
A charla ten carácter libre e gratuíto e está especialmente orientada a educadores e familias.
https://www.youtube.com/watch?v=QLC2ZZTjvSY