O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a apertura da VIII Conferencia do Programa Marco de investigación e innovación da UE en España-Horizonte 2020, organizada polo CDTI e o Ministerio de Economía e Competitividade. No Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco), peirao de Trasatlánticos.
Núñez Feijóo salientou que Galicia aspira a superar os 120 millóns de fondos comunitarios no marco do programa Horizonte 2020 para acadar, a través da innovación, máis benestar e un crecemento baseado nunha economía máis sólida e que xere emprego. Subliñou tamén que Galicia e o Norte de Portugal traballan para que, no primeiro semestre de 2015, a primeira RIS3 transfronteiriza da UE sexa unha realidade e permita acceder a máis fondos do Horizonte 2020, co obxectivo de estender esta experiencia á Macrorrexión do Suroeste europeo.
O presidente galego expresou, por outra parte, o orgullo de que Galicia sexa o berce da empresa máis nova de Europa en recibir financiamento do instrumento específico para pemes do Horizonte 2020: a spin off da Universidade da Coruña Torus Software. Afirmou, asi mesmo, que Galicia ten moitas esperanzas postas na resolución favorable, en decembro, da súa candidatura á Comunidade de Coñecemento e Innovación -KIC- de vida saudable e envellecemento activo, co fin de crear solucións innovadoras de alto impacto neste ámbito.
http://youtu.be/jz29KneS3AM