20 noviembre, 2026
Image default

Ethel Vázquez informa aos alcaldes da comarca do inicio dos trámites necesarios para impulsar a conversión en autovía da vía de altas prestacións Brión- Noia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe un encontro de traballo cos alcaldes de Noia, Brión, Lousame e Rois, no que os informou do inicio dos trámites necesarios para impulsar a conversión en autovía da vía de altas prestacións Brión- Noia.

Vázquez Mourelle trasladou aos rexedores de Noia, Brión, Lousame e Rois que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado luns a licitación do contrato da redacción do proxecto da 1ª fase do desdobramento, cun prazo de 18 meses e un importe duns 253.000 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas para a redacción do proxecto ata o vindeiro 29 de decembro.

A titular de Infraestruturas recordou que os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2018 contemplan unha partida de 250.000 euros para esta actuación, mostra do compromiso do Goberno galego coas demandas desta bisbarra. Explicou que os terreos están xa expropiados, pois o Goberno galego, ao executar esta vía, preveu a futura conversión en autovía.

Related posts

GÓMEZ BESTEIRO COMPARTIU COS EMPRESARIOS DE NOIA UN ESPAZO PARA ANALIZAR E AFONDAR NA SITUACIÓN LABORAL DA VILA

CloudyX

O TEMPORAL DOS ÚLTIMOS DÍAS PROVOCOU O AFUNDIMENTO DUNHA EMBARCACIÓN NO PORTO DE TESTAL

CloudyX

AVANZA A CAMPAÑA MARISQUEIRA DE NOIA

CloudyX