Boiro Novo acusa ó goberno local de Boiro de ter unha escasa implicación cos mais necesitados, apuntando da perda de subvencións e axudas para a rehabilitación de vivendas e espazos públicos, ó non ter declarado ARI a rúa principal.
Tamén critican que non se solicitaran as achegas da administración para poder realizar a rehabilitación das vivendas dos mestres co fin de poñelas a disposición de familias con escasos recursos, algo que solicitaron dende Boiro Novo.