Xunta de Galicia

O Goberno galego aproba inicialmente o Plan Básico Autonómico que será referencia para aqueles concellos que carezan de planeamento

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación inicial do Plan Básico Autonómico, que será referencia para aqueles concellos que carezan de planeamento. Deste xeito, e tras pasar pola súa validación ambiental, o período de información pública será de dous meses. Unha vez que conclúa esta fase, elaborarase a proposta final que será aprobada definitivamente polo Consello da Xunta, previo informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, coa previsión de acadar a aprobación definitiva a mediados do ano 2018.
Este plan establecerá unha regulación de carácter xeral dos diferentes usos do solo e da edificación, de acordo coas súas determinacións, a través dunhas ordenanzas tipo, que serán incorporadas nos plans básicos municipais, segundo as características propias de cada concello.
Así mesmo, e como referencia, estas ordenanzas tamén poderán ser tomadas en consideración na redacción dos plans xerais municipais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.