O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo continúa a desenvolver actividades de dinamización e normalización lingüística para a mocidade, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua do IES Félix Muriel.
Na anterior actividade achegouse o valor da oralidade ao alumnado rianxeiro, e desta volta o que se persegue é mostrar a creatividade da mocidade galega a través da música, e demostrar que a nosa lingua serve para transmitir e comunicar dende calquera estilo musical. O concerto, que se celebrará o vindeiro 18 de decembro no IES Félix Muriel de Rianxo, como celebración da fin do trimestre, estará a cargo do grupo de hip-hop e rap galego: Ezetaerre.
https://www.youtube.com/watch?v=gmTxgfg3mZo