Comezou ben a segunda volta o Rotogal Boiro, cunha nova vitoria na décima xornada por 3 a 1 ante o Electrocash Extremadura.
Os boirenses saltaron moi enchufados á súa pista. Con moi bó traballo en tarefas defensivas e Kevin Medina liderando a ofensiva lograban adiantarse no primeiro parcial 25 a 17. Pero estas boas sensacións de inicio tornaríanse no segundo asalto nunha certa incapacidade de reacción ante o dominio rival, que empataba cunha ampla vantaxe de 15 a 25.