A conselleira do Mar, Rosa Quintana, que representou ás comunidades autónomas no Consello de Ministros de Pesca da UE, valorou o resultado das negociacións como netamente satisfactorio en liñas xerais, sobre todo tendo en conta a situación de partida da Comisión Europea.
Neste sentido, a conselleira trasladou que se “conseguiron avances importantes na pescada”, tanto no Cantábrico Noroeste coma no Gran Sol. Así, explicou que no Cantábrico se conseguiu que só se rebaixase un 12% en lugar dun 30% que propuña inicialmente a Comisión. No caso do Gran Sol, sinalou que a rebaixa da pescada quedou nun 7% en lugar do 30% proposto ao principio.
Ademais, Rosa Quintana trasladou o incremento da cota do galo no Cantábrico Noroeste e o mantemento da do rape e fixo especial fincapé no aumento da cota da raia, que medrou nun 15%, “unha especie moi importante e apetecible para a nosa frota artesanal”, dixo.
https://www.youtube.com/watch?v=LxfdpxbcayU