O Boiro tropezou onte coa mesma pedra que en xornadas anteriores ao deixar escapar o partido nos últimos minutos. 1-0 Os de Barraña volveron evidenciar a falta de pegada ao non anotar as ocasións que xeraron, incluíndo un penalti tirado por Armental que parou o porteiro local. O primeiro acto entre o Ribadumia e o Boiro foi moi trabado e brillaron pola súa ausencia as ocasións de gol.
Os locais foron superiores nos quince minutos finais. Así chegou o gol do Ribadumia, cunha internada pola banda dereita dun xogador local que Sylla rematou co pé no minuto 87. Os barbanceses intentárono ao final cun centro de Rafa ao que chegou Rubén, pero o seu disparou parouno o meta local.
Numerosos afeccionados do Boiro acompañaron ao seu equipo onte en Ribadumia e non deixaron de animalo.
O Noia gaño 2-1 no campo de San Lázaro. Os de Miguéns souberon sobreporse para crear numerosas ocasións de gol en xogadas elaboradas. Houbo que esperar ao minuto 31 para ver a primeira ocasión con perigo local, que chegou cun tiro de Berto que parou o porteiro. No 33, Villa recibiu un pase interior e o seu disparo deu nas costas dun rival co porteiro xa superado. No 37 Hugo encarou ao meta, que desviou o balón a córner. O saque de esquina lanzouno Mario, que case anota un gol olímpico.
O Ribeira regalou dous goles e sufriu para lograr o empate na segunda metade. Partido. Os celestes cometeron dous erros en defensa na primeira parte que, na segunda, lograron emendar con moito esforzo.
http://youtu.be/k9KpBIGrSk4