Os feitos aconteceron pasadas as sete da tarde do luns, a moza, S.P.D., de 17 anos e veciña de Boiro, cruzaba a estrada de Taragoña por un paso de peóns a altura de Ourolo, cando era alcanzada por un turismo. Co golpe a moza saíu despedida acabando deitada no medio dun dos carrís da vía a varios metros de distancia, inconsciente, o condutor do vehículo marchou do lugar deixándoa sen atención.