Xunta de Galicia

Feijóo garante o compromiso co sector agroalimentario cun plan de acción ata 2020 para consolidar Galicia como sinónimo de calidade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe o compromiso co sector agroalimentario, por medio do Plan de promoción da calidade agroalimentaria 2020 para que o sector siga medrando e consolidar Galicia como sinónimo de calidade. Ademais de impulsar, a través das denominacións de orixe e indicacións xeográficas, o crecemento dun sector fundamental para o desenvolvemento do rural, Feijóo afirmou que este plan ten en conta a necesidade de loitar contra a competencia desleal, facendo especial fincapé na importancia da correcta identificación dos produtos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.