O BOP de hoxe publica sendos anuncios para a creación doutras tantas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal dun sepultureiro e dun traballador social.
En ambos casos o período para poder presentar as solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir de mañá. As bases reguladoras da convocatoria están na páxina web do Concello, sección taboleiro de anuncios.
Sepultureiro: http://www.riveira.es/documento/bolsa-de-emprego-para-a-contratacion-laboral-temporal-dun-dunha-sepultureiro-a/
Traballador social: http://www.riveira.es/documento/bolsa-de-emprego-para-a-contratacion-laboral-temporal-dun-dunha-traballador-a-social/