Nun acto celebrado nas instalacións da empresa Grúas Elgasa, patrocinadora do Club, o club noiés deu a coñecer o novo adestrador do equipo, Julio Mougán, Vigués con gran experiencia no adestramento desta categoría, un home que encaixa no perfil que buscaba a directiva .
O novo adestrador agradeceu a boa acollida na vila, e afirmou que agora comeza o traballo para prepararse de cara o primeiro partido, que será o 16 de setembro, e logo continuar o traballo co equipo para manterse en segunda a próxima temporada, ese é o obxetivo principal do clube.
https://www.youtube.com/watch?v=ryxPoERw3Jw