A Mancomunidade de concellos de Serra do Barbanza xa conta co reforzo da flota de camións

A Mancomunidade leva tempo traballandopara dotar a FCC de novos camións de recollida de lixo, como resultado dese traballo ten en marcha o proceso para mercar 3 camións novos (2 bicompartimentados e 1 monocompartimentado) e acaba de recibir 3 bicompartimentados en aluguer que servirán para reforzar a actual flota mentras non chegan os novos.

Dende a pasada semana xa están en Lousame os 3 camións que a Mancomunidade de concellos de Serra do Barbanza alugou , e entrarán en funcionamento de xeito inminente a pesar das dificultades para alugar. Ademais hoxe mesmo estaba prevista a adxudicación dos 2 camións novos bicompartimentados que a Mancomunidade está en proceso de adquirir, o proceso de compra do monocompartimentado sufriu un pequeno retraso por quedar deserta unha primeira licitación, pero xa está en marcha unha nova licitación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.