A concelleira de Boiro Novo Dores Torrado deu conta esta tarde dunha moción que se debaterá no vindeiro pleno, e na que solicitan que se continue a dotación de traida de auga na parroquia de Bealo. Dores Torrado apuntou que no anterior goberno do bipartito foi executada a primeira fase, quedando prevista a conexión para realizar a segunda fase na ponte de Brea.
Boiro Novo pedirá no pleno que se realice a segunda fase da traída de auga municipal na parroquia de Bealo, e a mellora do suministro de auga ao lugar de Valiño
Please login to join discussion