Os concelleiros de Igualdade e Deportes do Concello de Riveira, Aroa Fernández e Juan Luis Martínez, presentaron esta mañá na Casa do Concello, a segunda edición da Carreira Popular contra a Violencia de Xénero coa cal esta Administración quere homenaxear o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O obxectivo da carreira é implicar á cidadanía a que rexeiten calquera tipo de violencia.
O día 25, que coincide co Día Internacional contra a Violencia de Xénero os escolares de primeiro de primaria asistirán ao auditorio municipal para escoitar “Contos vellos, novos finais” de Caxoto Contacontos. A carreira, pola contra, celebrarase o día 30, que coincidindo o domingo.
http://youtu.be/YzL9_miw0iA